5 de decembro de 2017

Convocatoria Asemblea Ordinaria, decembro 2017

Convócase aos comuneiros á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA a celebrar no local veciñal o domingo, 17 de decembro do 2017, en 1ª convocatoria ás 15:00h, e en 2ª convocatoria ás 17:00h.

ORDE DO DÍA
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Actualización do censo e aprobación se procede.
  3. Remuda na directiva e aprobación se procede.
  4. Estado de contas e aprobación se procede.
  5. Condicións do acordo de cesión á Sociedade de Caza e aprobación se procede.
  6. Estudo de cesión á Comunidade de Cures sobre novo peche realizado no terreo da Comunidade e aprobación se procede.
  7. Autorización para elaborar un Plan de Ordenación e aprobación se procede.
  8. Exposición e consulta sobre a continuidade de asociación coa ORGACCMM e aprobación se procede.
  9. Proposta de convenio de cesión temporal de terreos a Norte Forestal e aprobación se procede. 
  10. Puntos informativos: actualidade do local veciñal, estado das subvencións solicitadas pola Comunidade, normas para retirada de madeira excedente e situación do peche da Belga.
  11. Rogos e preguntas.

Nebra, a 3 de decembro do 2017
O Presidente


Se non pode asistir á Asemblea, descargue e cubra o formulario de delegaciónpara delegar a asistencia noutro comuneiro (só unha delegación por comuneiro).